Interbidera: Liberar o futuro

 

O próximo mes de setembro comezarán a xulgar a 47 cidadáns e cidadás vascas, tendo que facer fronte a unha petición fiscal cuxa suma alcanza os 601 anos de prisión. Ante un feito tan grave como este, queremos sinalar o seguinte:

Que o xuízo que pretende castigar a estas 47 persoas e o seu traballo, agora igual que antes, está fóra de lugar e tempo, chocando cos desexos de paz e xustiza da cidadanía vasca.

A sociedade vasca quere avanzar e para afrontar o futuro coas mellores garantías é necesario pechar as feridas e resolver os nós do pasado. Non debemos inventar novas cadeas e non queremos novos nós que nos aperten se cadra máis. Non precisamos pedras no camiño e non queremos que se abran novas feridas e se xere máis dor. Sen dúbida, o noso pobo mira ás solucións, quere ir cara adiante e non estamos dispostos/as a aceptar situacións que nos leven cara atrás.

A convivencia, a paz e a xustiza son tesouros moi prezados para calquera sociedade, tamén para a nosa. Debemos responder a ese desexo da sociedade vasca e parar os procesos creados e inventados no marco dunha lóxica de conflito, para que non contaminen o presente que estamos a construír.

Queremos construír unha nova sociedade, e estamos convencidas de que os valores e a sensibilidade respecto aos dereitos fundamentais forxados durante estes anos, son os cimentos sobre os que construíla: O respecto a todos os dereitos humáns de todas as persoas, os dereitos colectivos, a solidariedade, a empatía e a convivencia. O futuro é a casa común que temos que construír entre todos e todas, pola vía do diálogo e o respecto a todos os dereitos.

Por iso, os/as asinantes deste manifesto, non falamos únicamente das 47 persoas que serán xulgadas en setembro. As persoas, axentes e institucións que vivimos no país conformamos unha sociedade aberta e plural, desexosa de continuar o camiño emprendido. Por iso, mediante o presente texto, ademais de denunciar o proceso xudicial aberto, adherímonos á manifestación convocada o 14 de setembro en Bilbao.

Convertamos este xuízo que nos quere levar ao pasado nunha porta ao futuro. Sigamos abrindo camiño. Liberar o futuro é cousa de todas/os.

 

sinatura

 

Asinante

Jon Maia ( Bertsolaria)

Onintza Enbeita (Bertsolaria)

Jesus Viñaspre (Medikua)

Ibon Larrinaga (Boxeolaria)

Amaia Goirigolzarri (Abokatua)

Pako Letamendia (EHUko irakaslea)

Hassana Aalia (Saharar errefuxiatua, Gdeim Izik)

Amelia Barquin (HUEZIko irakaslea)

Katixa Agirre (Idazlea)

Roberto Moso (Musikari eta Kazetaria)

Ane Muguruza (Senidea)

 

Jose Maria Arrate (Athleticeko lehendakari ohia)

Zaloa Basabe (Mugimendu Feminista)

Angel Toña (Ekonomilaria; Enplegu sailburu ohia)

Irati Jimenez (Idazlea)

Nora Cortiñas (Madres de Plaza de Mayo. Línea Fundadora)

Alex Txikon (Alpinista)

Toti Martinez de Lezea (Idazlea)

Mikel San José (Athleticeko jokalaria)

Juan Kruz Lakasta (Kazetaria)

Begoña Errazti (EAko lehendakari ohia)

Asier Riesgo (Eibarreko futbol jokalaria)

Jon Maia ( Bertsolaria)

Onintza Enbeita (Bertsolaria)

Jesus Viñaspre (Medikua)

Ibon Larrinaga (Boxeolaria)

Amaia Goirigolzarri (Abokatua)

Pako Letamendia (EHUko irakaslea)

Hassana Aalia (Saharar errefuxiatua, Gdeim Izik)

Amelia Barquin (HUEZIko irakaslea)

Katixa Agirre (Idazlea)

Roberto Moso (Musikari eta Kazetaria)

Ane Muguruza (Senidea)

 todas as sinaturas